![]() |
|
Valentín Paz Andrade na voz da xente
Escrito enXaneiro 17th, 2012pornereaXa estamos traballando no proxecto de divulgación e dinamización sociocultural en torno a obra e figura de Valentín Paz Andrade, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2012.
Unha achega participativa e lúdica para rapaces/zas de secundaria.
Moi pronto na Rede Cultural da Deputación da Coruña.
Incubadora de Pequen@s Artistas
Escrito enDecembro 7th, 2011pornereaA través deste obradoiro buscamos a indagación persoal e expresiva e
o desenvolvemento da creatividade nas diferentes linguaxes nunha
posta en escena que -ante todo- promova a satisfacción, realización
e autoestima das persoas que nela participan.
Peter Pan na biblioteca da Obra Social Caja Madrid
Escrito enDecembro 7th, 2011pornereaCúmprense cen anos da publicación de Peter Pan e queremos celebralo viaxando ao País de Nunca Xamais para coñecer ao capitán Garco, a Campaíña e aos nenos perdidos.

Para nenos e nenas de 4 a 12 anos.
Os venres 2, 9 e 16 de decembro, de 18 a 20 horas; e os sábados 3, 10 e 17 de decembro, de 11 a 13:30 horas.
Programa de animación á lectura nos Centros Socioculturais de Compostela
Escrito enNovembro 24th, 2011pornerea
Seguimos coa programación de animación á lectura nos Centros Socioculturais de Santiago de Compostela.
Ademais de continuar co programa habitual nos centros de Conxo, Castiñeiriño, Marrozos e Pontepedriña, desta volta visitaremos tamén o LSC do Viso, o LSC Casa Agraria, o CSC de Vite mais o CSC do Ensanche con obradoiros e contacontos do máis ameno.
Tomade boa nota!:
Cantiga de Amiga
Escrito enNovembro 2nd, 2011pornereaA literatura medieval ao alcance da man. Cantigas de mocear e amoríos, de mulleres e amigos, do tempo en que a enteira Península Ibérica lle cantaba ao amor en galego... revisitados. Porque hai temas que son universais e non teñen caducidade.

Grand Treasures-O Tesouro dos avós e das avoas
Escrito enNovembro 2nd, 2011pornereaContinuidade do 'Books21', este novo proxecto que está a se iniciar, conta co apoio do programa europeo 'Grundtvig' de Educación Permanente de Adultos/as, e visa desenvolver parcería entre organizacións de seis países europeos. O tema é a posta en valor da memoria histórica e do patrimonio inmaterial mediante o recoñecemento das persoas que o viviron e conservan, os 'tesouros vivos-living treasures'.

En breve recibiredes máis información!
Aula de Teatro Municipal 'Ánxel Casal' de Arzúa
Escrito enNovembro 2nd, 2011pornereaIniciamos outro ano máis a actividade na Aula de Teatro Municipal do Concello de Arzúa. Dende o 2003 somos responsables da Aula de Teatro que, promovida por unha asociación cultural, é hoxe dependente do Departamento de Cultura do Concello e desenvolve o seu labor no centro multiusos 'Terra do Queixo'.
Novembro na biblioteca da Obra Social Caja Madrid
Escrito enOutubro 31st, 2011pornereaBIBLIOTECA FAMILIAR

Bruxas, meigas, druídas... Este mes adicarémoslle á maxia, negra e branca, aos enconxuros, ás pócimas... Tede coidado cos gatos negros e cos espellos rotos!
- Todos os venres de 18 a 20 horas.
- Todos os sábados de 11 a 13.30 horas.
TARDES NA BIBLIOTECA




