Laboratorio de ideas
Laboratorio de ideas

Somos un fervedoiro de ideas e gústanos darlle á cabeciña!

Se tes na cabeza unha idea, podemos axudarte a deseñar propostas educativas e culturais á medida. Ti pide, nós creamos!

Este gusto pola investigación e creación de propostas novidosas e o traballo en rede, levounos desde hai anos a participar activamente en varios proxectos de ámbito europeo para o intercambio de boas prácticas e aprendizaxe permanente. O noso principal obxectivo neste sentido é transferir as aprendizaxes adquiridas á nosa comunidade a través do deseño e desenvolvemento de proxectos novidosos e atraentes. Estamos formándonos constantemente e somos moi amigas de asumir novos retos!

Presentamos aquí unha pequena escolma dos proxectos creados baixo demanda ao longo destes anos e tamén os proxectos europeos nos que participamos.

Proxectos

Xandobela