Lectura
Lectura

En Xandobela temos a promoción de hábitos lectores, a animación á lectura, a dinamización lingüística e a divulgación da cultura como unhas das misións primordiais a desenvolver. Son cuantiosos os proxectos que Xandobela vén liderando a nivel local desde os seus comezos e, pouco a pouco, fomos quen de crear fórmulas metodolóxicas propias e moi sinxelas pero altamente efectivas na procura dos obxectivos que cada proxecto persegue.

  • As experiencias lectoras nas idades máis temperás para que sexan realmente significativas teñen que estar relacionadas e contextualizadas na súa realidade máis inmediata, adaptadas ás súas necesidades, inquietudes e gustos.
  • A atención continuada por profesionais con ampla formación e experiencia, con criterio artístico, didáctico e educativo e que axuden a outros axentes (familia, sobre todo) na creación dunha rutina lectora.
  • Na súa imprescindible intencionalidade educativa e formativa, as accións e actividades de animación á lectura encamíñanse tamén á consecución de obxectivos máis amplos que garantan unha visión global e integral, a través do traballo de contidos conceptuais, procedimentais e actitudinais relacionados coa arte, coas relacións e habilidades sociais... Neste sentido, aunamos actividades encamiñadas propiamente á promoción lectora, com propostas artísticas que axuden ao desenvolvemento creativo e crítico dos nenos/as.

Proxectos

Xandobela