Xandobela

  • Inicio
  • Xandobela
  • Proxectos

    Proxectos

    Volver
    • Lectura
    • Xogo
    • Lingua
    • Patrimonio
    • Lab de ideas e cartafol de actividades pasadas
    • Proxectos europeos
    • Somos xogo
    • Lévedo lilá
    • Xogando co patrimonio
  • Novas
  • Contacto
  • 649 70 21 94
  • Biblioteca Vivente
Xandobela. Educación e dinamización sociocultural
  • Inicio

    Benvida

  • Xandobela

    Sobre nós

  • Proxectos

    Que facemos

    • Lectura
    • Xogo
    • Lingua
    • Patrimonio
    • Lab de ideas e cartafol de actividades pasadas
    • Proxectos europeos
    • Somos xogo
    • Lévedo lilá
    • Xogando co patrimonio
  • Novas

    Actualidade

  • Contacto

    Falamos?

Actualidade

Despedimos o ano pechando o proxecto BABEL

  • Inicio
  • Novas
  • Despedimos o ano pechando o proxecto BABEL
Despedimos o ano pechando o proxecto BABEL
31 12 2020

Despedimos o ano pechando o proxecto BABEL

Xa foron alá máis de dous anos de parcería cofinanciada polo programa europeo Erasmus+ con La corte della carta (Italia), Universitur (Romanía) e APDP (Portugal) nos que traballamos arreo arredor do patrimonio literario e oral e das ferramentas para a súa difusión no ámbito da educación non-formal. Superados todos os obstáculos, pandemia mundial incluída, estamos moi satisfeitas de poder amosar os resultados de tan intenso proxecto.

A misión do proxecto BABEL é desenvolver técnicas educativas innovadoras e de alta calidade para a difusión do patrimonio literario e oral: crear e avaliar técnicas innovadoras e  desenvolver iniciativas para capacitar a profesionais do ámbito do patrimonio cultural, desenvolvemento comunitario e intervención cultural e socioeducativa, no emprego de  metodoloxías propias da educación non formal ao servizo da difusión do patrimonio literario e oral europeo. O noso punto de partida foi concibir a filosofía e as estratexias propias da educación non formal como activos innovadores na difusión do patrimonio cultural, á marxe das estratexias proteccionistas e didácticas, moi necesarias pero tamén amplamente experimentadas. Traballamos ao longo destes dous anos con técnicas e metodoloxías das que as entidades socias son especialistas e que fan do patrimonio literario e oral compoñentes culturais vivos, con forte vocación creativa, activa e participativa, que alimentan a idea de construción dunha cidadanía máis consciente, ubicada, crítica e activa: as Bibliotecas Viventes, a recollida de literatura oral tradicional e popular, o “cantastorie” e o teatro labirinto. Bótalle un ollo a todas as iniciativas desenvolvidas, AQUÍ.

As catro organizacións socias implementamos unha intensa estratexia colaborativa de investigación-formación-acción que supuxo dous anos de formación teórica e práctica, e nos que deseñamos, executamos e avaliamos numerosas iniciativas locais e transnacionais de difusión do patrimonio literario e oral europeo, experimentado coas catro metodoloxías antes enumeradas nos respectivos territorios de orixe. Esta estratexia permitiu testar a versatilidade e transferibilidade das técnicas, e sentou as bases firmes e rigorosas para elaborar unha riquísima publicación didáctica, dirixida a persoas e organizacións que traballan no ámbito educativo e na difusión do patrimonio cultural inmaterial en contextos sociais e culturais diversos: “BABEL: guía práctica sobre técnicas educativas innovadoras para la difusión do patrimonio literario e oral.” 

 

 

Erasmus + Project, “BABEL”: Strategic partnership in the field of adult education 2018-2020
https://babelerasmusplus.weebly.com/

 

Actividades

  • Lectura
  • Xogo
  • Lingua
  • Patrimonio
  • Lab de ideas e cartafol de actividades pasadas
  • Proxectos europeos
  • Somos xogo
  • Lévedo lilá
  • Xogando co patrimonio

Últimos artigos

Presentación dos resultados do proxecto europeo "Muses: cultura xuvenil con perspectiva de xénero"
Presentación dos resultados do proxecto europeo "Muses: cultura xuvenil con perspectiva de xénero"
Biblioteca Vivente "Lévedo lilá"
Biblioteca Vivente "Lévedo lilá"
Intercambio xuvenil "Buscando musas" en Mantova (IT)
Intercambio xuvenil "Buscando musas" en Mantova (IT)
#NoitesAlternas2021
#NoitesAlternas2021
Ler conta moito 2021
Ler conta moito 2021
Despedimos o ano pechando o proxecto BABEL
Despedimos o ano pechando o proxecto BABEL
#NoitesAlternas2020
#NoitesAlternas2020
Ler conta moito 2020
Ler conta moito 2020
Rematamos o proxecto Erasmus + "Reading and non-formal education"
Rematamos o proxecto Erasmus + "Reading and non-formal education"
BABEL, novo proxecto Erasmus+ liderado por Xandobela
BABEL, novo proxecto Erasmus+ liderado por Xandobela
Xandobela. Educación e dinamización sociocultural
Xandobela. Xestión e dinamización sociocultural
Quiroga Palacios, 6 (baixo). Santiago de Compostela (A Coruña). T. 649 70 21 94.
Aviso Legal Política de Privacidade