Xa está aberto o prazo para solicitar as actuacións dentro do programa da Rede Cultural 2013 da Deputación da Coruña.
Todos os concellos e asociacións da provincia que formen parte da Rede Cultural tedes ata o vindeiro 27 de marzo para facer as vosas solicitudes.
Nesta edición Xandobela preparou un catálogo amplo e atractivo con proxectos e ofertas para todas as idades e para conmemorar as datas máis sinaladas deste ano 2013:
- Amiga Cantiga: contacontos e didáctica. Obradoiro lúdico, participativo e creativo no que se reinterpreta a lírica medieval coas tendencias artísticas e musicais máis modernas.
- Andersen era un neno: contacontos e creatividade para nenos e nenas.
- Cont@s Clásic@s: revisión artística, lúdica e participativa dos contos populares con perspectiva de xénero.
- Galicia, país das letras: proposta lúdica e participativa de dinamización lingüística, divulgación cultural e tradición oral.
- Lembranzas de Roberto Vidal Bolaño: contacontos, música e poesía sobre a vida e obra do autor homenaxeado no día das Letras Galegas.
- Roberto Vidal Bolaño na voz da xente: proposta lúdico-participativa en torno ao día das Letras Galegas.
- Ludoteca Lingüística: proxecto de dinamización lingüística para nenos/as.
- Rosalía, unha meniña: espectáculo de poesía, historia, música e ficción poética, que conmemora o 150º aniversario da publicación de Cantares Gallegas de Rosalía de Castro.
- Xenio e figura(s): proposta lúdica que conmemora o 50º aniversario do Día das Letras Galegas.
Buscade por 'Xandobela' como nome do Grupo e atoparedes os detalles de cada unha das propostas!
E non dubidedes en solicitar máis información no correo nerea@xandobela.info