Xandobela viaxa ata Parnu (Estonia), do 21ao 27 de marzo para participar no cuarto encontro do proxecto 'Grand Treasures' que se desenvolve desde agosto do ano 2011.
'Grand Treasures' ou Grandes Tesouros é un proxecto que se enmarca dentro do programa europeo Grundtvig, como unha asociación de aprendizaxe a modo de parcería entre distintas entidades de Polonia, Grecia, Letonia, Galicia, Portugal e Estonia. Durante 2 anos, os parceiros intercambian experiencias sobre un tema, aproveitando encontros internacionais para coñecer a realidade local de cada entidade e creando propostas conxuntas.
Neste proxecto, os Grandes Tesouros non son cofres cheos de moedas de ouro, son algo moito máis valioso: a experiencia das persoas que nos transmiten a través de narracións, imaxes, sons... E con eses Grandes Tesouros, técense diferentes actividades que garantan a transmisión de tan incrible legado, para que as vindeiras xeracións reciban os Grandes Tesouros. Actividades que buscan traballar na preservación da historia oral, a promoción do diálogo interxeracional, o intercambio de boas prácticas e a posta en valor dos Grandes Tesouros Vivos do patrimonio cultural inmaterial de cada un dos países