O Centro Norte-Sur do Consello de Europa organiza un ano máis a "Universidade de Xuventude e Desenvolvemento, 'UYD', o máis grande evento formativo en materia de xuventude e educación global que se realiza cada ano no mundo. Nesta ocasión xuntaranse, do 22 ao 29 de setembro en Mollina (Málaga), máis de 200 mozos e mozas de 4 continentes en 13 actividades diferentes (cursos, seminarios, grupos de traballo...) baixo o tema "Cidadanía Democrática".
A UYD concíbese como un espazo aberto de interacción no que diferentes entidades organizan actividades formativas independentes. A coexistencia no mesmo espazo durante unha semana de persoas das máis variadas procedencias dá lugar a sinerxias únicas e potencialmente poderosas.
Para consultar o programa completo clique aquí.