Acampamentos
Un Verán Natural, no Verbum-Casa das Palabras
Escrito enAgosto 12th, 2011pornerea“O Grande Porcallán é un ser malvado que tenta emporcallar todos os montes, os ríos, o aire, o mar... de Galicia coa única intención de facer o mal. Pero non é el só quen o fai senón que hai moitos humanos que tamén lle axudan día a día.
As palabras do Entroido
Escrito enMarzo 7th, 2011pornereaEntre coplas, burlas e regueifas anda o conto

Outro ano máis celebramos o Entroido a través dunha proposta de divulgación do patrimonio propio desta celebración no noso país.
'As palabras do Entroido' é un proxecto no que buscamos xogar coas manifestacións literarias populares propias de cada forma de celebrar estas festas.
Xandobela en Itaca. Outro Nadal é posible.
Escrito enNovembro 23rd, 2010pornerea
Xandobela vén de presentar un programa
de conciliación da vida familiar e laboral en formato de Campamento
aberto en colaboración coa asociación Itaca
O núcleo temático do campamento
centrarase en dar a coñecer aos rapaces/zas outras realidades e
outra visión do Nadal que non sexa a que hoxe en día está en voga
que é a consumista, insolidaria, irrespetuosa co medio ambiente,
aniquiladora dos costumes endémicos...
Samaín no Verbum
Escrito enOutubro 20th, 2010pornerea
A antiga festividade céltica do Samaín foi habitualmente descrita como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, nesta data, terían autorización para camiñar entre os vivos. Abríanse as portas entre este mundo e o máis alá, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos.
Con esta actividade buscamos que non se perdan os nosos costumes e tradicións traballándoas para garantir a súa pervivencia a través dos nenos.
Campo de Traballo Internacional: Outro mundo é posible
Escrito enSetembro 15th, 2010pornereaOutro mundo é posible: comercio xusto e produción biolóxica
Sesión de XeoCaching_Vive o Verán_Concello de Santiago: na procura de tesouros
Escrito enAgosto 28th, 2010pornereaXoves 9 de setembro ás 18h. | Punto de saída: Monte do Gozo (na entrada principal do albergue)
O Xeocaching é un xogo de orientación que consiste en buscar un tesouro partindo dunhas coordenadas proporcionadas. Mais non é só iso, senón que é diversión, aventura, descuberta, etnografía...
Máis información, aquí.
Das Lendas Locais aos Desafíos Globais
Escrito enXullo 12th, 2010pornereaEste
encontro xuvenil xunta 24
Xeocaching_Vive o Verán_Santiago de Compostela
Escrito enXuño 25th, 2010pornerea
Dentro do programa 'Vive o Verán' desenvolvido polo Concello de Santiago de Compostela xestionaremos dúas saídas que pretenden achegar o mundo do Xeocaching á xente que non está familiarizada con esta actividade.
'Semana do Conto' no Diverteo e no Verbum
Escrito enMarzo 16th, 2010pornereaQue mellor forma de pasar as vacacións que xogando a ler ou ler xogando?
O conto é o xeito máis doado e natural de achegar aos nenos/as á lectura, mais o conto non é só lectura, senón que é tamén oralidade, hábito de escoita, imaxinación, diversión... Todo isto será o que experimentaremos durante a Semana Santa aproveitando que os/as cativos/as teñen máis tempo para adicar ao lecer.
Descubrindo o noso Entroido no Verbum
Escrito enFebreiro 12th, 2010pornerea
Tendo en conta que en Galicia contamos cunha importantísima riqueza antropolóxica e cultural vencellada á celebración do Entroido mais, por desgraza tamén existe un grande descoñecemento destas tradicións, propoñemos unha actividade encamiñada a poñer en valor e divulgar este patrimonio inmaterial dun xeito lúdico aos máis cativos/as, que son o futuro.