Letras
Valentín Paz Andrade na voz da xente
Escrito enXaneiro 17th, 2012pornereaXa estamos traballando no proxecto de divulgación e dinamización sociocultural en torno a obra e figura de Valentín Paz Andrade, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2012.
Unha achega participativa e lúdica para rapaces/zas de secundaria.
Moi pronto na Rede Cultural da Deputación da Coruña.
Peter Pan na biblioteca da Obra Social Caja Madrid
Escrito enDecembro 7th, 2011pornereaCúmprense cen anos da publicación de Peter Pan e queremos celebralo viaxando ao País de Nunca Xamais para coñecer ao capitán Garco, a Campaíña e aos nenos perdidos.

Para nenos e nenas de 4 a 12 anos.
Os venres 2, 9 e 16 de decembro, de 18 a 20 horas; e os sábados 3, 10 e 17 de decembro, de 11 a 13:30 horas.
Programa de animación á lectura nos Centros Socioculturais de Compostela
Escrito enNovembro 24th, 2011pornerea
Seguimos coa programación de animación á lectura nos Centros Socioculturais de Santiago de Compostela.
Ademais de continuar co programa habitual nos centros de Conxo, Castiñeiriño, Marrozos e Pontepedriña, desta volta visitaremos tamén o LSC do Viso, o LSC Casa Agraria, o CSC de Vite mais o CSC do Ensanche con obradoiros e contacontos do máis ameno.
Tomade boa nota!:
Cantiga de Amiga
Escrito enNovembro 2nd, 2011pornereaA literatura medieval ao alcance da man. Cantigas de mocear e amoríos, de mulleres e amigos, do tempo en que a enteira Península Ibérica lle cantaba ao amor en galego... revisitados. Porque hai temas que son universais e non teñen caducidade.

Grand Treasures-O Tesouro dos avós e das avoas
Escrito enNovembro 2nd, 2011pornereaContinuidade do 'Books21', este novo proxecto que está a se iniciar, conta co apoio do programa europeo 'Grundtvig' de Educación Permanente de Adultos/as, e visa desenvolver parcería entre organizacións de seis países europeos. O tema é a posta en valor da memoria histórica e do patrimonio inmaterial mediante o recoñecemento das persoas que o viviron e conservan, os 'tesouros vivos-living treasures'.

En breve recibiredes máis información!
'As Memorias de Balbino' no Concello de Mañón
Escrito enOutubro 27th, 2011pornereaXandobela segue a celebrar o 50º aniversario da publicación de Memorias dun neno labrego de Neira Vilas por todo o alto. Nesta ocasión viaxamos ata o CEIP Francisco López Estrada, no Concello de Mañón, o 28 de outubro.

Programación de outubro no Espazo para a Lectura da O.S. de Caja Madrid
Escrito enSetembro 27th, 2011pornereaBIBLIOTECA FAMILIAR
Este mes releremos os clásicos da literatura infantil para preparar o V Concurso de Narración Oral. Preparade a voz e os oídos!!
- Todos os venres do mes, de 18 a 20 horas, para nenos e nenas de 4 a 12 anos.
- Todos os sábados do mes, de 11 a 13.30 horas, para nenos e nenas de 4 a 9 anos.
TARDES NA BIBLIOTECA
LUDOTECA LINGÜÍSTICA en 'Verán de 4 a 4' en Vigo
Escrito enAgosto 12th, 2011pornereaIdeamos unha alternativa lúdica que engloba a recuperación dos xogos tradicionais con xogos novos e diferentes que chamarán a atención de todas as persoas. Os xogos escollidos son froito dun proceso de selección desenvolvido atendendo criterios que buscan o mellor funcionamento dos mesmos nun ambiente festivo, onde hai que buscar unha diversión rápida, directa e visual para persoas de idades diferentes.
I Biblioteca Vivente "Os Tesouros Vivos", como se fixo:
Escrito enMaio 11th, 2011pornereaClica aquí para ver o video do "como se fixo" a primeira Biblioteca Vivente en Galiza

