Xandobela é un grupo de seis persoas con ampla formación nos campos da Pedagoxía, da Educación Social, da Animación Sociocultural e da Intervención no Lecer e Tempo Libre. Seis persoas que contan, tamén, cunha vasta experiencia no traballo sociocultural en distintas asociacións, colectivos e programas desenvolvidos, principalmente, no territorio galego. Isto fai que Xandobela conte cun grande potencial humano, técnico e profesional para xestionar e desenvolver programas e proxectos de tipo social e/ou cultural.

Bibliotecas viventes Bibliotecas viventes

Valentín Paz Andrade na voz da xente

en

Xa estamos traballando no proxecto de divulgación e dinamización sociocultural en torno a obra e figura de Valentín Paz Andrade, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2012.

Unha achega participativa e lúdica para rapaces/zas de secundaria.

Moi pronto na Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Boas Festas!

Incubadora de Pequen@s Artistas

A través deste obradoiro buscamos a indagación persoal e expresiva e
o desenvolvemento da creatividade nas diferentes linguaxes nunha
posta en escena que -ante todo- promova a satisfacción, realización
e autoestima das persoas que nela participan.

Peter Pan na biblioteca da Obra Social Caja Madrid

en

Cúmprense cen anos da publicación de Peter Pan e queremos celebralo viaxando ao País de Nunca Xamais para coñecer ao capitán Garco, a Campaíña e aos nenos perdidos.

Para nenos e nenas de 4 a 12 anos.

Os venres 2, 9 e 16 de decembro, de 18 a 20 horas; e os sábados 3, 10 e 17 de decembro, de 11 a 13:30 horas.

Programa de animación á lectura nos Centros Socioculturais de Compostela

en

Seguimos coa programación de animación á lectura nos Centros Socioculturais de Santiago de Compostela.

Ademais de continuar co programa habitual nos centros de Conxo, Castiñeiriño, Marrozos e Pontepedriña, desta volta visitaremos tamén o LSC do Viso, o LSC Casa Agraria, o CSC de Vite mais o CSC do Ensanche con obradoiros e contacontos do máis ameno.

Tomade boa nota!:

Biblioteca Vivente 'A Lingua Viva'

en

Cantiga de Amiga

en

A literatura medieval ao alcance da man. Cantigas de mocear e amoríos, de mulleres e amigos, do tempo en que a enteira Península Ibérica lle cantaba ao amor en galego... revisitados. Porque hai temas que son universais e non teñen caducidade.

Grand Treasures-O Tesouro dos avós e das avoas

en

Continuidade do 'Books21', este novo proxecto que está a se iniciar, conta co apoio do programa europeo 'Grundtvig' de Educación Permanente de Adultos/as, e visa desenvolver parcería entre organizacións de seis países europeos. O tema é a posta en valor da memoria histórica e do patrimonio inmaterial mediante o recoñecemento das persoas que o viviron e conservan, os 'tesouros vivos-living treasures'.

 

En breve recibiredes máis información!

Aula de Teatro Municipal 'Ánxel Casal' de Arzúa

Iniciamos outro ano máis a actividade na Aula de Teatro Municipal do Concello de Arzúa. Dende o 2003 somos responsables da Aula de Teatro que, promovida por unha asociación cultural, é hoxe dependente do Departamento de Cultura do Concello e desenvolve o seu labor no centro multiusos 'Terra do Queixo'.

Novembro na biblioteca da Obra Social Caja Madrid

BIBLIOTECA FAMILIAR

Bruxas, meigas, druídas... Este mes adicarémoslle á maxia, negra e branca, aos enconxuros, ás pócimas... Tede coidado cos gatos negros e cos espellos rotos!

  • Todos os venres de 18 a 20 horas.
  • Todos os sábados de 11 a 13.30 horas.

 

TARDES NA BIBLIOTECA

Distribuir contido