Calendario 'Lois Pereiro na voz da xente'
Escrito enMaio 11th, 2011pornerea
en
Aquí tedes o calendario das actuacións de Xandobela co proxecto 'Lois Pereiro na voz da xente': unha maneira participativa e amega de achegar a obra e vida deste gran poeta.
- Martes 10, xoves 12 e venres 13 de maio: de 10 a 14 horas. Xincanas literarias, para grupos de secundaria, na Casa das Palabas-Verbum. Organiza o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.
- Martes 10 de maio ás 18:30 horas:contacontos musicado na Biblioteca Nodal de Vigo. A partir dos 12 anos.
- Mércores 11 de maio ás 20:30 horas: contacontos musicado no Pazo da Peregrina de Bertamiráns.
- Xoves 19 de maio, pola mañá: no CPI de Bembibre-Val do Dubra, para grupos de secundaria. Organiza o Concello de Val do Dubra.
- Mércores 18 de maio, ás 10 horas: contacontos para os alumnos/as de secundaria do IES de Cerceda. Organiza o Concello de Cerceda.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| 00+00 - capas.svg_.png.jpg | 176 KB |