Aula de Teatro Municipal 'Ánxel Casal' de Arzúa
Iniciamos outro ano máis a actividade na Aula de Teatro Municipal do Concello de Arzúa. Dende o 2003 somos responsables da Aula de Teatro que, promovida por unha asociación cultural, é hoxe dependente do Departamento de Cultura do Concello e desenvolve o seu labor no centro multiusos 'Terra do Queixo'.
Iniciación e animación ao teatro para cativos/as, mozos/as e terceira idade. Pezas de creación colectiva ou clásicos como O Pazo ou Minia de Lugrís Freire, entre outras accións, son algúns dos espectáculos que levamos representando nesta xa non curta andaina.
O grupo de adolescentes participou ademais nun proxecto europeo de 'Xuventude e Democracia' chamado Portugaliza.eu, representando pezas de teatro histórico de creación colectiva.
Coñécenos! www.teatroarzua.tk