Programa de animación á lectura nos Centros Socioculturais de Compostela
Escrito enNovembro 24th, 2011pornerea
en

Seguimos coa programación de animación á lectura nos Centros Socioculturais de Santiago de Compostela.
Ademais de continuar co programa habitual nos centros de Conxo, Castiñeiriño, Marrozos e Pontepedriña, desta volta visitaremos tamén o LSC do Viso, o LSC Casa Agraria, o CSC de Vite mais o CSC do Ensanche con obradoiros e contacontos do máis ameno.
Tomade boa nota!:
- 23 de novembro, ás 18:30 horas: no CSC do Castiñeiriño: OBRADOIRO DE CALIGRAFÍAS ESQUECIDAS ou UN PERCORRIDO POLA HISTORIA DA ESCRITURA.
- 26 de novembro, ás 17:30 horas: no LSC Casa Agraria, do Cruceiro da Coruña: MEMORIAS DE BALBINO.
- 26 de novembro, ás 11:30 horas: no CSC de Vite: OBRADOIRO DE CALIGRAFÍAS ESQUECIDAS ou UN PERCORRIDO POLA HISTORIA DA ESCRITURA.
- 21 de decembro, ás 18 horas: no LSC do Viso: OBRADOIRO DE CALIGRAFÍAS ESQUECIDAS ou UN PERCORRIDO POLA HISTORIA DA ESCRITURA.
- 23 de decembro, ás 18:30 horas: no CSC de Conxo: OBRADOIRO DE CALIGRAFÍAS ESQUECIDAS ou UN PERCORRIDO POLA HISTORIA DA ESCRITURA.
- 28 de decembro, ás 12 horas: no CSC do Ensanche: OBRADOIRO DE CALIGRAFÍAS ESQUECIDAS ou UN PERCORRIDO POLA HISTORIA DA ESCRITURA.