Incubadora de Pequen@s Artistas

A través deste obradoiro buscamos a indagación persoal e expresiva e
o desenvolvemento da creatividade nas diferentes linguaxes nunha
posta en escena que -ante todo- promova a satisfacción, realización
e autoestima das persoas que nela participan.

Pivotaremos toda a programación das actividades das sesións diarias na
concepción e preparación da obra 'O rabiño de nube', para a súa
representación pública final durante a última sesión do obradoiro
teatral.

Búscase que os nenos/as exploren as súas capacidades expresivas a través do
xogo dramático e a experimentación na (re)creación colectiva das
diferentes vertentes que se aúnan na actividade teatral: expresión
corporal, deseño e creación de vestiario, escenografía e atrezzo,
expresión musical... ao tempo que se achegan contidos artísticos
dun xeito significativo a través da práctica, do xogo e da
participación directa, e se traballan valores educativos de especial
importancia como o traballo en equipo, a autoestima persoal e grupal,
a comunicación efectiva...