Un ano máis... Troularte-Ludoteca Itinerante polo rural de Compostela
Troularte-Ludoteca Itinerante polo rural de Compostela
Un ano máis, e xa é o cuarto, poñemos en marcha o programa de lecer para nenos/as do rural de Compostela Troularte, xunto co Departamento de Educación do Concello de Santiago.
A iniciativa pretende ofrecer aos rapaces/zas de entre catro e doce anos unha alternativa de lecer lúdico e creativo e axudar na conciliación da vida familiar e laboral, ao tempo que se dinamizan as escolas con contidos socioculturais favorecendo con isto o uso de espazos compartidos que fomenten a relación social.
As escolas onde se desenvolve este programa son os CEIP Roxos-Villestro, CEIP R. Xixirei, e as escolas rurais de A Susana, O Sisto, O Gaioso e O Rial.
Ao longo do curso a ludoteca Troularte viaxará dúas veces ao mes a cada escola con actividades dentro dunha programación temática que se renova mensualmente. A proposta inclúe xogos e obradoiros artísticos e creativos, ademais dun tempo de xogo autodirixido para o que se conta con materiais de xogo básico (montables, figuras, puzzles, pinturas,…).
As actividades comezarán mañá 14 de outubro.
Máis información nesta ligazón:
http://www.santiagodecompostela.org/hoxe/nova.php?lg=gal&id_nova=5343
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| paraca_0.JPG | 77.73 KB |