Agasallos do Apalpador
Agasallos do Apalpador

Faremos
agasallos, cos/coas axudantes do Apalpador, utilizando materiais de
refugallo pois o apalpador estache moi concienciado co medio ambiente
e non che é como outras personaxes que non fan máis que fomentar o
consumismo compulsivo.
O
programa desenvolverase nos diferentes centros socioculturais da rede
compostelana durante todo o mes de Decembro rematando cunha grande
festa participativa no Auditorio de Galicia
O
vello Apalpador é unha figura lendaria galega que achega os
agasallos aos nenos polas datas de nadal. Este xigante, de oficio
carboeiro, baixaba das devesas e apalpaba as barriguiñas dos
cativos. Se estaban cheas dicía:
«así,
así esteas todo o ano»
e
deixáballes unha presa de castañas. Senón calaba, pero deixáballes
tamén as castañas. O Apalpador é amigo de todos, de pequenas e
pequenos, pero tamén de grandes, de probes e de ricos, dos da
montaña e dos da costa, das aldeas, das vilas ou cidades. Non fai
distincións entre cristiáns, musulmáns, xudeos, ou da relixión
que sexa, porque el o que celebra e o solsticio, a unión do home coa
terra e cos astros.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| a-APALPADOR.jpg | 72.62 KB |