Descubrindo o noso Entroido no Verbum

Tendo en conta que en Galicia contamos cunha importantísima riqueza antropolóxica e cultural vencellada á celebración do Entroido mais, por desgraza tamén existe un grande descoñecemento destas tradicións, propoñemos unha actividade encamiñada a poñer en valor e divulgar este patrimonio inmaterial dun xeito lúdico aos máis cativos/as, que son o futuro.

A proposta consiste en combinar, no tempo de dúas horas e durante as vacacións escolares deste tempo, actividades lúdicas propiamente ditas (xogos temáticos) e actividades artístico-creativas (obradoiros contextualizados) con momentos nos que introduciremos conceptos a través de soportes audiovisuais.

O Meco e os Peliqueiros serán os protagonistas os días martes 16 e mércores 17 de febreiro, de 11 a 13 horas, no Verbum-Casa das Palabras.

Máis información na web do museo.