'Semana do Conto' no Diverteo e no Verbum
Escrito enMarzo 16th, 2010pornerea
en
Que mellor forma de pasar as vacacións que xogando a ler ou ler xogando?
O conto é o xeito máis doado e natural de achegar aos nenos/as á lectura, mais o conto non é só lectura, senón que é tamén oralidade, hábito de escoita, imaxinación, diversión... Todo isto será o que experimentaremos durante a Semana Santa aproveitando que os/as cativos/as teñen máis tempo para adicar ao lecer.
- Diverteo (CEIP da Ramallosa, Calo e Teo): 29, 30, 31 de marzo, e 5 de abril_de 8 a 14h.
- Casa das Palabras-Verbum (Vigo): 30 e 31 de marzo, e 1 e 2 de abril_de 11 a 13h.