Se o vello Cunqueiro viñese ao Verbum...

en

Aproveitamos a exposición 'Álvaro Cunqueiro. Fotobiografía sonora' para que os nenos e nenas que participen nos obradoiros coñezan os contidos
culturais e literarios vencellados coa vida e obra deste ilustre
escritor mindoniense. Faremos un percorrido pola obra Cunqueirana máis
salientable, facendo fincapé na súa narrativa e no seu carácter como
fabulador, recreador e reinventor das historias de sempre que forman
parte do imaxinario literario colectivo, sen esquecer o seu gusto polo
teatro e a escena.

 

Domingo 4 de abril ás 12h. Simbad e as mil primaveras
Viaxaremos
con Simbad polo mundo enteiro, sucando os mares, vivindo grandes
aventuras e coñecendo de preto as culturas dos pobos aos que
visitaremos ao longo de mil primaveras.

Domingo 11 de abril ás 12h. Feirantes de aquí e acolá
Coñeceremos
a paisanaxe da Galicia máis popular, a riqueza dos seus contos e as
súas historias. Sentarémonos na mesa para elaborar e degustar un menú
literario moi variado, exquisito e suculento.

Domingo 18 de abril ás 12h. Merlín, familia e amigos
Visitaremos
a Merlín na súa casa de retiro nas Terras de Miranda e axudarémolo no
seu quefacer diario resolvendo as dúbidas e problemas das fantásticas
visitas que todos os días chegan á súa morada.