III Obradoiro de Teatro do Oprimido
- O venres 16 e sábado 17 de abril na Biblioteca da Obra Social Caja Madrid en Compostela.
- Presentación pública do traballo desenvolvido o sábado 17 ás 21h.

O Teatro do Oprimido é
un sistema de xogos e técnicas teatrais específicas que axudan a
calquera persoa (sen que sexa necesariamente un actor) a usar unha
linguaxe teatral, que permite a través dunha análise do pasado, a
comprensión do presente, posibilitando a presentación de novas
propostas para un futuro máis xusto na e da sociedade.
Os obxectivos que se
buscan son profundizar no coñecemento sobre os principios e
diferentes formas de Teatro do Oprimido, nomeadamente o Teatro da
Imaxe, e traballar sobre o modelo de espectáculo de teatro fórum.
Polo que se tentará construír un espectáculo de raíz sobre un
tema escollido polas persoas participantes: técnicas de ensaio,
personaxes, estrutura do espectáculo...
Impartido por Nuno da
Silva.
Para inscribirse só é preciso que vos acheguedes á biblioteca e enchades unha ficha de inscrición (a partir do luns 5 de abril). Hai vinte prazas e é totalmente de balde!!!