Programación de abril na biblioteca da Obra Social Caja Madrid

en

Para nenos/as: OS TRASNOS

  • Venres 9, 16, 23 e 30 de abril, de 18 a 20h.
  • Sábados 10, 17 e 24 de abril, de 11 a 13:30h.

Trasnos da lareira, que habitan os bosques, que durmen nas árbores, trasnos bos, trasnos lacazáns, trasnos trangalleiros... Durante o mes de abril visitarannos todos eles!! Pero moito ollo, témolos que atopar e non gustan de ser observados!!


Para adultos/as:

  • Venres 16 e sábado 17, de 10 a 14h e de 16 a 20h: III Obradoiro de Teatro do Oprimido.
  • Sábado 17, ás 21h.: presentación pública do traballo desenvolvido no III Obradoiro de Teatro do Oprimido.
  • Sabado 24, ás 21h.: Contacontos-Musicaco a cargo do 'Consello de Galegos Ilustres'