Uxío Novoneyra na voz da xente: calendario

en

Ao redor de mil cincocentas persoas de toda a xeografía galega participarán este ano nas diferentes propostas que

Xandobela deseñou para a celebración do Día das Letras Galegas adicado ao poeta do Courel Uxío Novoneyra.

Domingo 9 de maio, ás 18h.: contacontos do Consello de Galeg@s Ilustres na Asociación de Veciños Sueiro, en Outes.

Martes 11, mércores 12 e xoves 13 de maio, ás 10h. e ás 12h.: 'Uxío Novoneyra na voz da xente', co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, na Casa das Palabras_Verbum.

Mércores 12 e xoves 13 de maio, ás 16h.: contacontos do Consello de Galeg@s Ilustres, para escolares de infantil e primaria. Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, na Casa das Palabras_Verbum.

Venres 14 de maio, ás 12h. e ás 13.30h.: 'Uxío Novoneyra na voz da xente', no Concello de Cerceda.

Sábado 15 de maio, ás 18h.: xincana literaria no Centro Sociocultural de Conxo do Concello de Santiago de Compostela.

Martes 18 de maio, ás 9h., ás 10.30h. e ás 12h.: 'Uxío Novoneyra na voz da xente'. Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago de Compostela, na Biblioteca Ánxel Casal.

Mércores 19 de maio, ás 9.30h. e ás 11.30h.: 'Uxío Novoneyra na voz da xente'. Concellaría de Cultura do Concello de Melide.

Xoves 20 de maio, ás 21h.: contacontos do Consello de Galeg@s Ilustres, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Concello de Ames.

Venres 21 de maio, ás 11h.: 'Uxío Novoneyra na voz da xente' no Concello de Betanzos.

Venres 21 de maio, ás 18h.: 'Uxío Novoneyra na voz da xente', no parque dos Tilos, Concello de Teo.