Móllate na lectura! Bibliopiscinas do Concello de Ames

en

Un ano máis, o Concello de Ames traslada o servizo da biblioteca municipal ás piscinas para que todos/as nos mollemos na lectura!. Alí contaremos con prensa, libros e xogos para todas as idades e co servizo de préstamo á toalla e a domicilio. Todos os días a hora da merenda convertirase na 'Hora do Conto' para os máis pequenos/as, e un día á semana teremos Contacontos e actividades de animación á lectura e creatividade.

Toma nota dos horarios:

  • Bibliopiscina de Milladoiro: de luns a venres, de 16.30 a 20.30h. Contacontos: martes, ao redor das 18h.
  • Bibliopiscina de Bertamiráns: de luns a venres, de 16.30 a 20.30h. Contacontos: xoves, ao redor das 18h.
  • Bibliopiscina de Tapia: de luns a domingo, de 16.30 a 21h; agás última quincena de agosto, na que o horario será de 16.30 a 20h. Contacontos: mércores, ao redor das 18h.