Campo de Traballo Internacional: 'Todos en escena: inclusión sen fronteiras'

O Campo de Traballo Internacional: 'Todos em Cena: Inclusâo Sem Fronteiras' é unha colaboración entre a Casa da Juventude de Amarante e a Cercimarante, entidade pioneira en Portugal no traballo con persoas con discapacidades, que celebra este ano o seu trinta aniversario. Aporta unha dimensión intercultural na loita contra a exclusión social mediante a participación de mozos e mozas de todo o mundo nunha actividade de teatro de rúa que conta con grande arraigo xa na comunidade local.

En Amarante, do 2 ao 16 de xullo.