Das Lendas Locais aos Desafíos Globais

Este
encontro xuvenil xunta 24

mozos con idades entre 15 –
18 de
6 países Euromed (Portugal, Grecia,
Lituania, Líbano, Exipto e Alxeria) e 6 monitores

durante nove días, a partir de 23/07/2010 ata 31/07/2010
,
en
Amarante (Portugal),
para compartir
saberes tradicionais e se sensibilizar
sobre
o desenvolvemento sostible e o Comercio Xusto,

Nun
primeiro momento, os mozos e mozas traerán información sobre as
súas lendas locais e entrarán en contacto co mundo da agricultura
biolóxica e o agro en Portugal. Posteriormente elaborarase unha peza
de teatro na que a partir das propias tradicións se mirará de
afrontar conxuntamente os desafíos inherentes á educación global.
Asemade traballaranse aspectos como a alimentación biolóxica e
vexetariana, o consumo responsable, a educación para o
desenvolvemento sustentable e a intercultural. Un dos pratos fortes
da convivencia ha ser o Euromed Food Day, xornada de portas abertas
na que a poboación local toda será convidada a experimentar comidas
e sabores “exquisitos”.

En Amarante, do 23 ao 31 de xullo.