Contos do Mundo no Verbum

en

Un ano máis Xandobela chega á Casa das Palabras de Vigo cunha proposta lúdica que este ano ten como centro de interese os contos do mundo. Así que trataremos temas como a multiculturalidade, o respecto ao diferente, diferencias entre norte-sur... mais sempre dende unha perspectiva lúdica e creativa.

Este campamento aberto terá lugar de martes a venres, en horario de 10 a 14h., do 20 ao 30 de xullo.