Programación de febreiro na biblioteca da O.S. Caja Madrid
Escrito enXaneiro 19th, 2011pornerea
en
Para nenos/as de 4 a 12 anos: MEMORIAS DUN NENO LABREGO
Cúmprense cincuenta anos da edición deste gran clásico da literatura infantil e xuvenil galega escrito por Xosé Neira Vilas e faremos a nosa particular homenaxe vivenciando as aventuras de Balbino.
- Venres 4, 11, 18 e 25 de febreiro, de 18 a 20 horas.
- Sábado 5, 12, 19 e 26 de febreiro, de 11 a 13.30 horas.

Para todas as idades: TARDES NA BIBLIOTECA. CREATIVIDADE E EXPRESIÓN PLÁSTICA CON MATERIAL DE REFUGALLO.
- Sábado 5, de 18 a 20 horas: carteiras cómic.
- Sábado 12, de 18 a 20 horas: colares con tea.
- Sábado 19, de 18 a 20 horas: calendario perpetuo.
- Sábado 26, de 18 a 20 horas: casa de bonecas.