O que pretendemos
en
O grupo de persoas que compoñemos Xandobela estamos certos de que outro mundo, tamén no eido da educación non formal, é posible. As ideas básicas que son motor da nosa intervención son:
- O desenvolvemento de valores fundamentais de convivencia e coeducación.
- O fomento do coñecemento e descuberta de todas as expresións e manifestacións culturais a través do ludismo que toda intervención de Xandobela prima, e do construtivismo e fomento da creatividade como parámetro fundamental da metodoloxía que empregamos.
- A priorización do protagonismo das persoas a través da súa participación e a súa involucración directa e non só como meros receptores das actividades que se desenvolven.
- En todas as nosas actividades buscamos crear un afianzamento da autoestima colectiva. O uso e fomento do galego, o coñecemento, defensa e protección do medio sociocultural e medioambiental galego.
- O dinamismo, a acción, o desenvolvemento, o divertimento...