O qué é Xandobela?
Xandobela, somos un colectivo que traballa no eido da xestión e dinamización sociocultural.
Xandobela está constituída por un grupo de seis persoas con formación nos campos da Pedagoxía, da Educación Social, da Animación Sociocultural e da Intervención no Lecer e Tempo Libre. Seis persoas que contamos con experiencia no traballo sociocultural en distintas asociacións, colectivos e programas desenvolvidos, principalmente, no territorio galego. Isto fai que Xandobela conte cun importante potencial humano, técnico e profesional para xestionar e desenvolver programas e proxectos de tipo social e/ou cultural.
Se cadra tamén che interesará coñecer que persoas forman Xandobela, a que aspira a empresa ou que tipo de actividades facemos normalmente.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| triptico 2.png | 704.33 KB |
| tríptico Xandobela.png | 1.35 MB |