Lévedo lilá
Lévedo lilá

 

"Lévedo lilá" é un proxecto cuxo obxectivo é traballar coa mocidade na busca e documentación de referentes culturais e sociais con perspectiva de xénero na súa contorna. Inclúe actividades moi diversas encamiñadas a construír unha galería de pequenas pezas audiovisuais onde se amose o traballo, a memoria e a historia de vida de persoas con vivencias e experiencias moi valiosas baixo a perspectiva de xénero das que tirar aprendizaxes e inspiración. Como cúspide do proxecto, programarase unha Biblioteca Humana para poder dialogar directamente con algunhas destas referentes: unha actividade moi novidosa onde os Libros son de carne e oso e a Lectura, unha conversa.

Con todas estas accións interdisciplinares, participativas e de carácter colectivo de base, o que se busca é dotar de ferramentas construtivas e creativas de análise, de crítica e de reflexión para as xeracións máis novas que supoñan un lévedo, unha inspiración para poder facer unha lectura da cultura e da sociedade con lentes lilas e construír un relato fundamentado na igualdade e na equidade.

 

Proxecto subvencionado pola Área de Cultura da Deputación da Coruña na convocatoria de proxectos singulares de especial interese cultural 2021.

 

Proxectos

Xandobela