Proxectos europeos
Proxectos europeos

Desde hai anos vimos liderando proxectos de innovación educativa de carácter transnacional no marco dos programas Grundtvig e Erasmus +.

Este gusto pola investigación e creación de propostas novidosas e o traballo en rede, levounos desde hai anos a participar activamente en varios proxectos de ámbito europeo para o intercambio de boas prácticas e aprendizaxe permanente. O noso principal obxectivo neste sentido é transferir as aprendizaxes adquiridas á nosa comunidade a través do deseño e desenvolvemento de proxectos novidosos e atraentes. Estamos formándonos constantemente e somos moi amigas de asumir novos retos!

Proxectos

Xandobela