'Lingua Forza 3' trátase dun proxecto de dinamización lingüística que consiste na recuperación de xogos tradicionais, a disposición de xogos novos e diferentes e xogos lingüísticos, que procuran fomentar o uso do galego dun xeito eminentemente lúdico e en relación co currículum de Educación Física e Lingua Galega. Con formato de gran feirón, os rapaces e rapazas terán que ir superando as distintas probas que se lles propoñan de maneira rotatoria e cooperativa ao mesmo tempo.
Do 14 ao 22 de outubro, as adestradoras e adestradores lingüísticos da 'Universidade de Xandobela' visitarán 14 centros escolares do Concello de Vigo para adestrar ao redor de 800 alumnas e alumnos de terceiro ciclo de primaria.